Comprácenos darlle a benvida ao sitio web da ONG Mestura para a integración de inmigrantes e emigrantes. Confiamos en que este vehículo de información e de comunicación lle permita satisfacer as súas inquedanzas, así como obter toda a información que necesite acerca das nosas actividades.
A través dos diferentes apartados desta web atopará información sobre como nos organizamos, quen somos e cales son as nosas actividades. Invitámoslle tamén a que consulte as páxinas elaboradas polos membros da nosa asociación.
No noso ánimo está manter, así como mellorar e renovar esta páxina de forma permanente. Si ten algunha cuestión ou suxestión, non dubide en contactar connosco.
Si desexa acceder á web doutras asociacións pode consultar o portal “GaliciaAberta”.