A filosofía inicial era a de configurar unha estrutura plural e interdisciplinar, coa finalidade de ser unha entidade prestadora de servizos sociais complementaria e especializada, no ámbito das migraciones e a convivencia intercultural.
Esta idea era coincidente coa do persoal técnico de Servizos Sociais de dispoñer de novas ferramentas para proporcionar servizos ás persoas de procedencia estranxeira residentes no territorio do Consorcio das Mariñas. Deste xeito, a ONG Mestura nace como resultado da liña de actuación «promoción do novo tecido asociativo» do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio das Mariñas.
Co paso dos anos, a ONG Mestura constitúe a súa sé principal no concello de Culleredo, pero sen deixar de participar nos diferentes tecidos asociativos e áreas municipais de influencia e de actuación do Consorcio das Mariñas.