Os principais obxectivos da ONG Mestura son os seguintes:
1.Informar a acódelas usuarias sobre aqueles aspectos nos que teñan dúbidas: dereitos e deberes das persoas inmigrantes, consultas de carácter xurídico ou temas de formación e orientación laboral.
2.Informar e orientar aos\/as usuarios/as sobre ofertas formativas e de traballo.
3.Promover e desenvolver actividades que fomenten a integración social das persoas estranxeiras, dedicándolle un interese especial aos colectivos de mulleres, novas e menores.
4.Denunciar e combater condutas racistas, xenófobas ou discriminatorias en xeral.
5.Promover e desenvolver actividades de sensibilización e cooperación ao desenvolvemento co fin último de sensibilizar á poboación galega.